Sede electrónica Concello de Cerdido

00:47:35 Xoves 28 de maio 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de alta e modificacións padronais

O procedemento de "solicitude de alta e modificacións padronais" regula a inscrición dunha persoa no padrón municipal de habitantes, así como as sucesivas modificacións dos seus datos.

Calquera persoa física que desexe realizar unha alta ou modificación de datos no rexistro de habitantes do municipio.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito/s impreso normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de Alta e Modificacións padronais. Folla de instruccións.
  • Cando se trate dunha nova folla de inscrición, asinarán todos os maiores de idade que se inscriban (a maiores do presentador). Modelo de Autorizacion (sinatura da Folla).
  • Documento que acredite a identidade das persoas rexistradas (DNI, NIE, Pasaporte, Libro de familia para os menores de 15 anos, ….), excepto o do presentador si o trámite é en liña.
  • Documentación acreditativa do parentesco/representación. No caso de menores de idade:
    • Menor que se empadroa con ambos os proxenitores: libro de familia ou certificado de nacemento.
    • Menor que se empadroa cun só dos proxenitores: libro de familia ou certificado de nacemento, acompañado dalgún destes documentos:
      • Autorización do outro proxenitor.
      • Guardia e custodia do menor en exclusiva outorgada a este proxenitor por resolución xudicial.
      • Garda e custodia compartida outorgada por resolución xudicial. Neste caso requírese ademais autorización do outro proxenitor, salvo que a resolución xudicial fixe o domicilio do menor, nese caso estarase ao que fixe dita resolución. Si a resolución xudicial establece que a residencia do menor será de forma alternativa con ambos os proxenitores, necesitará autorización do outro proxenitor ou resolución xudicial que estableza que o menor se empadroará con el.
      • Cando excepcionalmente non se dispoña da firma de ambos os proxenitores deberá achegarse unha declaración responsable, asinada polo proxenitor que realiza a solicitude, de ter a garda e custodia do menor e capacidade legal suficiente para facer a inscrición ou o cambio de domicilio no Padrón municipal, así como de non atoparse incurso nalgún dos supostos de feito previstos nos artigos 103.1.c) ou 158.3.c) do Código Civil.  Modelo de Declaración
    • Menor que se empadroa con persoas diferentes aos seus proxenitores: autorización de ambos os proxenitores ou en casos de tutela ou acollemento a resolución xudicial ou administrativa onde se estableza.
  • Documento que acredite a ocupación da vivenda (escritura de propiedade, contrato de arrendamento, ...) Este documento non é necesario no caso de incorporación de novos habitantes a un grupo familiar xa empadroado.
  • Recibo do I.B.I. Copia do último recibo pago do Imposto sobre Bens Inmobles.
  • Autorización de empadroamento. En caso de querer formalizar o empadroamento en vivenda allea, o propietario da mesma, ou ben o arrendatario, debe autorizar este empadroamento. Modelo de Autorización. Modelo de Autorización
  • En caso de rectificación ou actualización de datos, documento acreditativo do dato correcto.

Nome: Solicitude de alta e modificacións padronais.

Unidade tramitadora:
Secretaría.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de ejecución:
3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.